Las bragas de Camilo José Cela (Saga Orixes #1)

24.11.15

Antes de nada, debo aclarar que todo o que escriba aquí está totalmente exento de carácter ofensivo. A información na que me basei é obtida a base de entrevistas ao meu avó, quen ten un punto de vista persoal e totalmente respetable. Pido desculpas de antemán se alguén se sinte ofendido.



Moi boas, namorados!
Tal vez o título desta entrada vos resulte curioso...
Entenderédelo se seguides esta historia:




Este é meu avó, Pedro Muñoz Arroyo.
Naceu en 1934 en Castilla La Mancha. Ten 81 anos e sigue dando guerra.
Poderíavos dicir o bó pai e avó que é, pero vou pasar directamente ao lío.

Un dos seus oficios foi e é o de escritor. 
Velaiquí un dos seus libros, o único publicado polo momento. 
Podedes atopalo en GoogleBooks,
 Amazon e Iberlibro (entre outras
 páxinas web de venta de libros).

O título, Todo por las bragas (que por certo, esa foto é do tendal da miña avoa...) ven pola cantidade de mulleres que foi coñecendo ao longo da súa vida e cómo elas, o foron levando dun sitio a outro do mundo.

Publicouno en 1999 (tiña eu 2 anos).
Trátase dunha autobiografía, aínda que él mesmo recoñece que engadiu ''trazos extra'' para que o enlace dunhs anos e outros fose máis levadeiro.

Para escribir o libro, a única fonte que usou para escribir este libro foi a súa memoria; a instantánea e a que garda nos seus diarios, que escribe un cada ano dende que ten uso de razón.

O contido é crítico-social, xa que amosa sen tapuxos a sociedade na que el se criou dende neno, aínda que tamén ten un ton humorístico e ás veces un pouco dramático.


Síntome moi orgullosa del. Crecín vendo cómo día tras día escribía nos seus diarios e traballaba nos seus libros. Isto influenciou en mín, contaxioume o seu entusiasmo polas letras e a literatura. Por iso, dende pequena encántame ler e escribir e a día de hoxe estou dentro do mundo das editoriais e etudando un bacharelato de letras.

Pois ben, despois de coñecer a obra do meu avó, cóntovos unha experiencia que me deixou marcada e que ten que ver co meu avó, co seu libro e coa literatura:

Ai un tempo vin ao meu abó lendo La familia de Pascual Duarte, do famoso Camilo José Cela. Foi coincidencia que eu o rematara de ler esa misma semana para a escola, así que aproveitei para comentar a lectura con él... 

Lin ese libro hai nada, yayo, gústache? :D

Sí... u.u

Qué pasa? Non pareces moi convencido.

E que lle gardo algo de rencor a este homiño... 

Cómo dis?

Sí, home sí, ao Camilo este :<

Falas del coma se o coñeceras de toda a vida xD

...

Yayo?

Como se non coñeceras a historia... ¬¬

Qué historia? Nunca me contas nada! >.<

Como? :O Non a sabes? e.e Pois...


E AHÍ COMEZOU TODO
A continuación, o relato do meu avó (non ten perda)
________________________________________________________________________________________________

Camilo José Cela... ese... ese era ERA UN TÍO GUARRO. 
Nas comidas onde se reunía con moita xente tirábase peidos e as señoritas que tiña ao lado lle dicían: ''Non se preocupe, Camilo, xa digo que fun eu''.
Camilo José Cela

Ademáis, era moi engreído. Claro, él, que viña da capital, non sei qué e non sei canto, tiña aires de grandeza. E todo o mundo lle lamía o cú. 

Aínda así, eu agochaba as orellas, porque claro, eu non era ninguén.

Pero logo comezaron os problemas... 

Eu publiquei o meu libro, coma xa sabes, e él non puido con iso. Tiña envexa de que eu, que o pouco que fun á escola foi para aprender a sumar e xuntar unhas cantas letras, houbese publicado un libro. 
Tachoume de estafador, díxome á cara que alguén que non foi a escola non é capaz de escribir un libro coma o meu. 
Non quería saber nada dos manuscritos que tiña na miña casa do borrador do libro nen nada, chamoume embustero e foise morto de envexa, porque non tiña outra cousa...
E sabes qué? O moi cabrón falou coas librerías e quioscos da cidade para que rexeitaran vendelo.
A única forma que tiven de poder vendelo foi coller o coche, caixas e caixas cos meus libros dentro e ir por toda España deixando exemplares en cada librería que atopaba.

E dígoche unha cousa, él escribirá moi ben e todo o que ti queiras, pero escribe fantasías, cousas inventadas, e eu no meu libro conto o que os demáis non se atreveros a escribir: as verdades.
__________________________________________________________________________________________________

As conclusións son persoais de cada un, namorados!
Lémonos na próxima entrada.
Biquiños, meus! Ide pola sombra ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grey Sketch Heart