Bodas celtas no 2015?

23.11.15




Moi boas, namorados!

O que hoxe véñovos falar dun tema que a min encántame... o Lugnasad de Cedeira, unha festa anual temática que se leva a cabo en Cedeira cada mes de agosto para conmemorar o noso legado celta.

Para mín é a mellor festa das que hay nesta localidade, e como eu xa levo unhs cantos anos acudindo, vouvos contar de qué vai isto.


Para comezar, tedes que saber o básico: oficialmente, o Lugnasad comeza o último venres do mes pola mañá cos preparativos e demáis e remata o domingo á noite, (dando fin tamén as festas de verán en xeral)
O primeiro que fai a xente é reunirse en grupos (clans) na parte das dunas da praia, elixen sitio e póñense coa contrución de casetas inspiradas na época celta. (Aquí soe comezar a festa, un cubatiña aquí, outro alá... para conectar co espírito ancestral celta, sabedes? :p)


Como vedes, ata os máis pequenos participan.

Fanse verdadeiras chuladas! Estar alí é a hostia coma estar entre celtas de verdade... A xente disfrázase, póñense falsas tatuaxes de simboloxía celta, fanse churrascadas (e botelladas...), loitas, concursos e xogos.
Ademáis, para acompañar ó ambiente, están instaladas na zona unhas casetiñas de venta con panes rústicos, doces tradicionais e chorradiñas varias que a todos nos gustan.
Se se fai ben e cun un bo grupo de amigos, a festa que se monta alí pode chegar a ser moi grande... xa vedes!
Non coñezo a ninguén que fose e non o pasara ben. 
O sábado é o día máis especial...pola noite lévanse a cabo as bodas celtas, o momento esperado. E son reais! A unión nupcial oficial é de un ano e calquera parella que o desexe pode casarse nesa ocasión.
Sen dúbida é unha experiencia inolvidable que nos permite facernos unha idea de cómo era a vida hay centos de anos e contactar con ese legado mítico.




Decídeme, namorados, metinvos as ganas no corpo?

Pois xa sabedes, o próximo agosto véxovos alí!

Saúdos, lémonos na próxima entrada.
Ide pola sombra ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grey Sketch Heart