Diario dunha teenager megalítica #1

15.11.15


Querida pedra:

Roubeille a papá o cincel afiado para poder escribir un anaco neste diario. Espero que non se decate ata a hora da caza, porque roubar está prohibido aquí en Castroland, e se me descubre serei expulsada e levarame ao castro que hai detrás da montaña (e todo o mundo sabe que alí as rapazas tamén cazan e loitan, aínda que eles o neguen).

Esta é a primeira vez que escribo e non é tan sinxelo como parece... xa me lastimei tres veces  a man no que vai de frase, así que só che contarei o máis relevante.

Chámome Ausa e teño 16 solsticios de inverno. 
Como xa che contei, vivo en Castroland, o cuarto castro máis grande de toda Gallaecia. A vida aquí encántanme. Teño un irmán máis pequeno que eu. Síntome moi afortunada... a verdade é que poucos bebés chegan a sobrevivir.

En Castroland a mayoría dos homes cazan, pescan e edícanse a tratar cos castros das proximidades. As mulleres recolectamos frutos silvestres, despelexamos os animais mortos para cociñalos despois e cultivamos as terras con sementes cando é a tempada. A mín, ademáis, dánseme moi ben as trampas, así que gran parte do día o dedico a construilas para poñelas despois en lugares estratéxicos no bosque. Non hay día que non caze, coma mínimo, un coello.

Encántame vivir aquí... todos estamos rodeados da natureza e disfrutamos dela constantemente. O que máis me gusta facer é bañarme no mar de noite, cando todos durmen, é a mellor sensación do mundo... 

Continuarei escribindo sempre que poida, pero agora téñome que ir ou descubriranme. Ata a próxima!

Ausa.



Querido diario:

Roubeille pasta á miña nai para mercar este diario. Espero que non se decate porque non é a primeira vez que o fago e ameázame con castigarme nun internado de nenos conflictivos deses...Por moito que digan, ben sei de que pao son eses internados...

Esta é a primeira vez que escribo nun diario, sempre pensei que son unha mariconada, así que polo momento, ata que me acostume a isto, contareiche só o maís relevante.

Chámome Laura e teño 16 tacos. Vivo en Santiago de Compostela, a capital de Galicia. Sí, onde sempre chove. Vivir aquí mólame, excepto polo meu irmán pequeno, é un plasta... preferíao de bebé, cando só se preocupaba de comer e durmir, polo menos non me daba tanto a chapa como agora... 

Aquí en Santiago a vida é un tanto aburrida, homes e mulleres coas mesmas rutinas de traballo... e os estudos, que por certo dánseme moi mal. Non hai exame de matemáticas no que saque máis dun 3...

Encántame vivir aquí... Galicia é natureza pura e gracias a ela aprendín o meu hobbi favorito: a fotografía. Sacar fotos na rúa, de noite, cando todos durmen é a mellor sensación do mundo...

Merda. Téñome que ir, esquecíame de que hoxe toca clase pola tarde... Volverei escribir cando poida. Ata a próxima!

Laura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grey Sketch Heart