Santo André de Teixido, un recuncho da cultura castrexa

18.10.15




Moi boas, namorados!
A qué andades?

Hoxe véñovos falar de Santo André de Teixido, unha aldea galega que moitos coñecen de oídas e que só unhs poucos a coñecen de verdade...


Aquí atópase unha das tradicións de peregrinaxe máis antigas do mundo; xa comezou na cultura castrexa (na Idade de ferro). A primeira está datada do ano 1391... case nada, eh?
Segundo a lenda, quen non faga esta peregrinación en vida, a fará de morto axudado por un dos mortos do cemiterio. De ahí o gran dito desta aldea ''San Andrés de Teixido, quen non vai de morto, vai de vivo'' facendo alusión á obrigatoriedade persoal desta peregrinaxe.
Ademáis da peregrinación hay moitos rituais a levar a cabo, e seguramente moitos de vos os pouxéchedes en práctica porque son tipiquísimos, pero... cántos coñecedes as orixes e lendas deses rituais?
Namorados... comezamos ;)

Se vades a Santo André de Teixido, comprobaredes que os donos dos postos regálanvos unhas herbas envoltas en papel de aluminio. 
Qué carallo é isto? Pois ben, son as namoreiras, unhas herbas que as hai a fartar por Cedeira e alrrededores. 
Conta a lenda que se queremos que unha persoa se namore de nós, só temos que poñer esta herba nas súas pertenzas persoais sen que se decate. Cando esa persoa a atope, caerá namorado perdidamente...

A miga do pan moldeada, levada ao forno e pintada posteriormente convértese en ''sanandresiños'' que aportan sorte a quen os posúe (estes non os regalan,oh!). Inicialmente, as formas destas sortes eran 3, pero a día de hoxe hai 5:

- A man: protexe as boas amizades.
- A barca: protexe nas viaxes e nos negocios.
- O peixe: mira polo traballo e o alimento.
- O santo: mantén a saúde física e mental.
- O pensamento: axuda nos estudos e coida dos feitizos de maxia negra.


Na fonte das tres canas pídense o desexos a Santo André. Éste é o procedemento:

1.  Formular o desexo.
2.  Bébese auga das tes canas (Importante: non bebades da fonte, a auga non é potable).
3. Tírase á auga unha miga de pan.
Resultado? Se a miga flota, Santo André atenderá ó desexo. Se non flota, non se cumplirá. 

A verdade é que é un gran misterio a orixe destas lendas, xa que, como na maioría de lengas, gardamos delas o contexto e a tradición. Aínda así, co paso do tempo nacerán novas lendas. E nelas, falaranse das vellas que che fan probar as rosquillas nada máis pisar o chan de Santo André, dos homes que venden o mel, dos taberneiros que che fan probar unha morea de licores... o noso Santo André de Teixido.  

Bueeeno, agora xa estamos todos un pouco máis preparados para ir a Santo André de Teixido sen tanto ''postureo'', non vos parece?

Lémonos na seguinte entada, namorados.
Unha aperta ben forte e... ide pola sombra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grey Sketch Heart