Licantropía asasina

22.4.16


La primera vez que me transformé fue en la montaña de Couso. Me encontré con dos lobos grandes con aspecto feroz. De pronto, me caí al suelo, comencé a sentir convulsiones, me revolqué tres veces sin control y a los pocos segundos yo mismo era un lobo. Estuve cinco días merodeando con los otros dos, hasta que volví a recuperar mi cuerpo. El que usted ve ahora, señor juez. Los otros dos lobos venían conmigo, que yo creía que también eran lobos, se cambiaron a forma humana. Eran dos valencianos. Uno se llamaba Antonio y el otro don Genaro. Y también sufrían una maldición como la mía. Durante mucho tiempo salí como lobo con Antonio y don Genaro. Atacamos y nos comimos a varias personas porque teníamos hambre.
Manuel Blanco Romasanta, CAUSA Nº 1778: CAUSA CONTRA HOMBRE LOBO, JUZGADOS DE ALLARIZ (ORENSE)


Estas foron as declaracións dun dos asasinos máis nomeados na historia de Galicia. Un psicópata galego, o primeiro e único caso de licantropía clínica en España; un dos personaxes máis sinistros de todo o século XIX. 
Chamábase Manuel Blanco Romasanta, pero era máis coñecido coma: O HOME LOBO GALEGO



ÉL PODERÍA SER A ORIXE DO HOME DO SACO OU 
O SACAMANTEIGAS DA TRADICIÓN POPULAR...


Moitos misterios xorden a raíz deste caso... ¿qué hai de certo en todo isto?, ¿sufría o autor criminal licantropía de verdade ou era unha intrincada escusa para intentar librarse das condeas por asasinato?

Coñezamos a historia:

Romasante naceu en 1809 na provincia de Ourense e aínda que na súa partida de nacemento consta coma Manuela, é un home. Levou unha vida común ata a chegada da morte da súa muller, que daría fin a esa vida aparentemente cotiá. Dedicouse á vida ambulante e ermitaña e aínda que fuxiu dunha asusación de asasinato, anos máis tardes non puido escapar delas...

Alegou posuír unha fada ou maldición botada por unha meiga que lle facía transformarse, e mais tarde que se trataba dunha enfermidade. Tamén se pensa que o seu ''brote psicótico'' puido ser debido a unha intoxicación producida pola inxesta de centeno contaminado (equivalente ao LSD)

Os escenarios dos crimes eran os bosques de Redondela e Argostios. Durante anos eludiu á xusticia, cometiendo asasinatos. Romasanta afirmou que, vítima do maleficio que o volvía lobo, matara a trece persoas a sangre fría, usando as mans e dentes para acabar coas súas vidas e comer os seus restos.

4 médicos e 2 ciruxáns evaluaron psíquica e físicamente a Manuel Blanco Romasanta e decretaron que non perdera a razón nin a moral en ningún momento. Diagnosticáronlle licantropía clínica, unha enfermidade cuxa doenza lle facía responsable, en contra da súa vontade, da morte de varias persoas. 

Parece que en 1852 a súa licantropía cesou, levándose a cabo o xuízo definitivo polo asasinato dun total de 9 persoas, todas elas mulleres ou nenos. A resolución foi pena de morte e unha multa de 1.000 reais por vítima.



Sabiades que...?

Isabel II interviu en contra da resolución á morte que lle impuxera o xuiz. 
Segundo a reina, había que impedir a morte de Romasanta porque podería ser moi útil no campo da investigación científica, polo que a condena do suxeito pasou de pena de morte a cadea perpetua.

Finalmente, Manuel Blanco Romasanta morreu aos 54 anos dun cancro estomacal mentres compría condena.

Se queredes coñecer máis profundamente a historia do home lobo galego, mirade este vídeo:

O fundador do PSOE é de PODEMOS

19.2.16


Dous homes co mesmo nome, mesma ideoloxía... en tempos diferentes.

1850 y 1978 viron nacer a dous homes que non só comparten nome, senón principios.
Dous partidos distintos, dúas épocas distintas... pero dúas Españas coas mesmas necesidades políticas.


Pablo Iglesias Turrión é un nome moi soado no panorama político actual. É o nº 1 de PODEMOS, partido de esquerda español fundado en xaneiro de 2014, hai nada. A pesar da súa curta vida, acadou resultados electorais históricos, sendo o 4º partido máis votado nas últimas eleccións europeas e 3ª forza política nas últimas eleccións xerais españolas.
Moi criticado pola dereita pola súa apariencia informal e por criticar, sen pelos na lingua, o abusivo estado de corrupción na que se atopa España. 
Pois ben, non é o único Pablo Iglesias que algunha vez estivo en desacordo co goberno establecido. De feito, a nai do nº1 de PODEMOS, non lle púxo ese nome ao nacer por casualidade, senón en honor ao Pablo Iglesias do que falaremos a continuación. 


Pablo Iglesias Posse, o seu tocaio, foi o fundador do PSOE (Partido Socialista Obreiro Español), pero foi, sobretodo, un rebelde.

Naceu no ano 1850, en Ferrol, e dende cativo non tivo unha vida doada. Foi coa morte do seu pai, cando él contaba con só 3 aniños, cando marchou, coa súa nai Juana e o seu irmán Manuel que aínda era un bebé, para Madrid... andando.
Instaláronse para vivir nun faiado, xa que o familiar que os ía acoller, falecera. Pablo foi internado no ''Real Hospicio del Ave María y San Fernando'', onde aprendeu a ler e escribir por colaborar como tipógrafo. Pouco tempo despois comezou a colaborar no xornal La Iberia.
Durante o Sexenio Revolucionario (1868-1874) converteuse nun autodiacta, e ahí empezou a darlle forma ós seus pensamentos.
Acadou o posto de presidente da ''Asociación General del Arte de Imprimir'', onde formula en clandestinidade un novo partido obreiro-socialista, que o 2 de maio de 1879 sería por fin o PSOE.

Non debemos esquecer que o PSOE que se fundou en 1897 tiña un espírito moito máis reivindicativo, de esquerdas, do pobo, das loitas contra as inxustizas que de dan nos que non teñen as carteiras a reventar de cartos... máis humano que agora.
Hoxe, en 2016, estamos fartos de escoitar na morea de casos de corrupción no que anda metido o PSOE (entre outros moitos partidos políticos). 
Pensades que Pablo Iglesias Posse fundou este partido con este fin?

O doping dos Muñoz (Saga Orixes #2)

25.11.15

Boas, namorados!
Na anterior entrega desta saga das Orixes faleivos de Pedro Muñoz, o meu avó. 

O que non sabedes é que hay outro Pedro Muñoz na miña familia, o meu tío. E sabedes o mellor? Foi moi famoso en España na década dos 80 pola súa profesión de ciclista.
Pedro Muñoz Machín, o meu tío.

Por motivos familiares, só tratei con él cando era pequena, sen embargo interésame moito a súa faceta como ciclista, porque esa profesión motivouna o meu avó, quen lle regalou a súa primeira bicicleta. Tiña 6 anos, e  entusiasmouse tanto que, dende entón o seu soño foi ser ciclista profesional... e conseguiuno.
                                              













Hai un tempiño, buscando información en Internet sobre esta etapa na vida do meu tío, atopei unha noticia no periódico El País que me impactou (link á noticia):

El ciclista Pedro Muñoz, cuatro meses de sanción por 'doping'

  • El contraanálisis confirmó el positivo del corredor del Teka en la Vuelta a la Comunidad Valenciana


Na Volta a España de 1982, na 17ª etapa, fíxose unha análise antidopaxe e as análises do meu tío deron... POSITIVO.

Inmediatamente falei co meu avó, que traballou man a man co meu tío, removendo Roma con Santiago para que poidese ascender no mundo do ciclismo.
Contoume que él quedou igual de sorprendido ca min cando viu o resultado da análise.
O meu tío xuroulle que nada era certo e aínda co misterio de se houbo ou non unha manipulación nas análises, a sanción foi non poder competir durante 4 meses.

A súa carreira como ciclista durou ata 1986, con dúas etapas completadas no París-Niza.

Os anos posteriores adicouse a súa empresa de roupa deportiva, con varias tendas en diferentes puntos de España. Hoxe, con 57 anos, continúa este oficio.

Deixando a un lado se a historia do doping é certa ou non, eu coñezo ao meu tío de forma persoal e coma unha Muñoz máis da familia, síntome orgullosa do seus méritos profesionais, que foron moitísimos.
Ademáis, non hai que esquecer que logrou cumprir o seu soño, e iso e o mellor que lle pode pasar a unha persoa.
♥

E isto é todo por hoxe, namorados.
Qué vos parece esta historia?
Lémonos na próxima entrada! Ide pola sombra, meus! ;)
Grey Sketch Heart