Moi boas, namorados!
A qué andades?
Hoxe véñovos falar de Santo André de Teixido, unha aldea galega que moitos coñecen de oídas e que só unhs poucos a coñecen de verdade...
Aquí atópase unha das tradicións de peregrinaxe máis antigas do mundo; xa comezou na cultura castrexa (na Idade de ferro). A primeira está datada do ano 1391... case nada, eh?
Segundo a lenda, quen non faga esta peregrinación en vida, a fará de morto axudado por un dos mortos do cemiterio. De ahí o gran dito desta aldea ''San Andrés de Teixido, quen non vai de morto, vai de vivo'' facendo alusión á obrigatoriedade persoal desta peregrinaxe.
Ademáis da peregrinación hay moitos rituais a levar a cabo, e seguramente moitos de vos os pouxéchedes en práctica porque son tipiquísimos, pero... cántos coñecedes as orixes e lendas deses rituais?
Namorados... comezamos ;)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhqmYraLzmGDULB_ecGzbOK0jB7nYMWEXvWGnicPhKfOFaDJlJ2mXbWfdCGrPytWKa_JnhM3m5f0EjomJyvU3hM3jDWEqvqwQ2yrWKVqXtjoJgvqRCyzl2fi42-je_SA1jtB1PEGY3s6vNq/s320/namoraaa.png)
Qué carallo é isto? Pois ben, son as namoreiras, unhas herbas que as hai a fartar por Cedeira e alrrededores.
Conta a lenda que se queremos que unha persoa se namore de nós, só temos que poñer esta herba nas súas pertenzas persoais sen que se decate. Cando esa persoa a atope, caerá namorado perdidamente...
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhyyKRKRwg5l-TmqD2MfUxQhUw9XHUb7fB20H7xWALrlSZBkOya-SD1aBT_9v3Ezgsv08ZlSRg-aQe8fxF7kFGPJMQ4FihsMFo4t8rMy2R29cPddLd5fut5y5IZb2X8xNmPJpI8e5kmDBsv/s200/pan.png)
- A man: protexe as boas amizades.
- A barca: protexe nas viaxes e nos negocios.
- O peixe: mira polo traballo e o alimento.
- O santo: mantén a saúde física e mental.
- O pensamento: axuda nos estudos e coida dos feitizos de maxia negra.
Na fonte das tres canas pídense o desexos a Santo André. Éste é o procedemento:
1. Formular o desexo.
2. Bébese auga das tes canas (Importante: non bebades da fonte, a auga non é potable).
3. Tírase á auga unha miga de pan.
Resultado? Se a miga flota, Santo André atenderá ó desexo. Se non flota, non se cumplirá.
A verdade é que é un gran misterio a orixe destas lendas, xa que, como na maioría de lengas, gardamos delas o contexto e a tradición. Aínda así, co paso do tempo nacerán novas lendas. E nelas, falaranse das vellas que che fan probar as rosquillas nada máis pisar o chan de Santo André, dos homes que venden o mel, dos taberneiros que che fan probar unha morea de licores... o noso Santo André de Teixido.
Bueeeno, agora xa estamos todos un pouco máis preparados para ir a Santo André de Teixido sen tanto ''postureo'', non vos parece?
Lémonos na seguinte entada, namorados.
Unha aperta ben forte e... ide pola sombra!
No hay comentarios:
Publicar un comentario